O Colexio reforza a colaboración coa Universidade da Coruña

    Categorías:

    Na mañá do 27 de febreiro, unha delegación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, encabezada polo seu presidente, José Lage Cerviño, xunto á vicepresidenta segunda, Noelia Tomé Martínez, e o secretario, Celestino Vieites Sánchez, desprazouse ata o reitorado da Universidade da Coruña (UDC) para manter un encontro co seu reitor, Ricardo José Cao Abad.

    Durante a reunión, os nosos representantes presentaron e convidaron o reitor ao Congreso do "Día Internacional da Muller", que se celebrará o próximo 7 de marzo en Santiago de Compostela. Así mesmo, abordouse a celebración das II Xornadas Laboralistas, co obxectivo de establecer liñas de colaboración entre ambas as institucións. 

    Neste contexto, analizáronse novas oportunidades para fortalecer a nosa formación, desenvolvendo iniciativas conxuntas que impulsen o crecemento profesional do colectivo de graduados sociais.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ffa071a96a8f42b592853c6a336f13c2.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b96dda3c45564aa99820d4eba074c30f.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].