O Colexio presente nos Premios Mérito Social

    Categorías: Etiquetas:

    O Senado acolleu o 12 de decembro os Actos Institucionais do Consello Xeral de Graduados Sociais e da Fundación Xustiza Social, no marco da entrega dos Premios Mérito Social, recoñecementos que desde fai vinte anos distinguen a persoas, institucións ou entidades que contribuíron de maneira destacada ao desenvolvemento social, laboral e xurídico do país. En representación do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense asistiron ao Pleno, ao resto de actos institucionais e á posterior cea institucional o noso presidente, José Lage Cerviño, e o vicesecretario, Juan Martínez García.

    O acto estivo presidido por Joaquín Merchán Bermejo, presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais e da Fundación Xustiza Social, e contou coa participación da ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, acompañada da directora xeral para a eficiencia do Servizo Público de Xustiza, Verónica Ollé, e da ministra de Traballo italiana, María Elvira Calderone.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=65e2f6e6364c4765a9ceb44542ecf6fd.jpg

    Durante a cerimonia, o xornalista galego José Manuel Pan recibiu a Mención de Honra “Mérito Social ao mellor labor xornalístico en prol da Xustiza Social 2025”, unha candidatura proposta polo Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. O presidente do Colexio, José Lage Cerviño, foi o encargado de entregar o recoñecemento, destacando a traxectoria profesional do galardoado, marcada polo compromiso social, a ética e a dedicación. Ao longo de décadas de exercicio profesional, Pan visibilizou temas de gran relevancia social, como accidentes de tráfico, inmigración, violencia de xénero, ciberdelincuencia ou acoso sexual, mostrando sempre sensibilidade e proximidade coa sociedade. Con esta Mención, o colectivo de Graduados Sociais recoñeceu o seu compromiso constante co progreso social, a súa ética profesional e o seu exemplo de dedicación e excelencia.

    Felicitacións tamén para o maxistrado do Social do TSXG, José Fernando Lousada Arochena, que recibiu no mesmo acto a Mención de Honra á Xustiza. O seu compromiso co dereito laboral convérteo nun referente imprescindible, ademais de manter sempre unha estreita proximidade co Colexio de Graduados da Coruña e Ourense, colaborando activamente nas diversas propostas formativas que organizamos para o noso colectivo.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=91c1501e997c4549b9259e128bd6b18c.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=162adc0e6ea4452c98c6090dcdcef570.jpg[/slide]

    Desde a nosa corporación queremos felicitar tamén ao resto de premiados, quen, con esforzo e excelencia, contribuíron de maneira significativa ao benestar social e ao fortalecemento dos valores de xustiza e solidariedade en España.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9849f48271ef4eff8c4041bbbae91731.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].