Categorías:
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025. O Museo Centro Gaiás acolleu un ano máis a solemne cerimonia de entrega das Medallas de Ouro de Galicia, a máxima distinción institucional outorgada pola Xunta de Galicia. En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, asistiu ao acto o noso presidente, José Lage Cerviño.
Nesta edición, as medallas foron concedidas aos alcaldes do Porto, Rui Moreira, e de Braga, Ricardo Rio, en recoñecemento ao seu destacado labor no fortalecemento dos vínculos entre Galicia e o norte de Portugal. A eles súmase A súa Alteza Real a Princesa de Asturias, dona Leonor de Borbón y Ortiz, quen tamén recibiu este ano a Medalla de Galicia, nun acto celebrado a mediados de mes, destacando o seu vínculo con Galicia tras a súa formación na Escola Naval de Marín.
Durante o evento, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou aos galardoados como exemplo de compromiso institucional, cooperación transfronteiriza e contribución ao progreso compartido. O acto contou tamén coa presenza de destacadas autoridades do ámbito político, empresarial e cultural.
[slide]

[/slide]