Categorías:
A Coruña, 20 de outubro de 2025. Na sede da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, tivo lugar a conferencia “Seis meses de MASC: análise das cuestións máis polémicas”, impartida por Raquel Blázquez Martín, Maxistrada da Sala Primeira do Tribunal Supremo.
En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e atendendo á invitación cursada, acudiu José Manuel Regueira Vázquez, Interventor-Contador, a este acto que se enmarcou no ciclo de conferencias organizado en colaboración co Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Durante a súa intervención, a relatora analizou os principais retos derivados da implementación da Lei Orgánica 1/2025 en relación cos Medios Adecuados de Solución de Controversias (MASC), abordando as cuestións máis debatidas neste primeiros seis meses de aplicación: a acreditación da negociación de boa fe, a confidencialidade, a clasificación dos distintos tipos de MASC, así como o seu impacto na litigiosidad civil e nos efectos procesuais.
[slide]
[/slide]