Categorías:
Etiquetas:
Durante a tarde do xoves 3 de xullo de 2025, o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, asistiu en representación do Colexio ao acto solemne celebrado na sede da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, con motivo do ingreso como académico de número de Fernando Suanzes Pérez, fiscal superior de Galicia.
O acto, presidido polo presidente da Real Academia, José Luis Seoane, contou coa presenza de numerosas autoridades do ámbito xurídico e académico galego. Durante a cerimonia, o novo académico pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Intelixencia Artificial, Cinema e Dereito Penal”, no que analizou o impacto da intelixencia artificial na evolución do dereito penal, tomando como referencia obras cinematográficas como Her, Eu, Robot ou Intelixencia Artificial. Suanzes advertiu que a IA «levará o dereito penal ao límite da súa definición» e defendeu a necesidade de principios como a transparencia algorítmica e o dereito a un xuízo humano.
[slide]

[/slide]