Categorías:
Unha representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, encabezada polo noso presidente, José Lage Cerviño, e o vicesecretario, Juan Martínez García, asistiu ao II Congreso Internacional de Dereito do Traballo e Seguridade Social, organizado polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España e celebrado o pasado 17 de setembro en Madrid.
Baixo o lema «Unha cita que impulsa as Relacións Laborais e os Recursos Humanos sen fronteiras», o encontro reuniu a máis de 400 profesionais de forma presencial e contou con máis de 360 asistentes por streaming, coa participación de maxistrados, representantes da OIT, docentes universitarios e profesionais das Relacións Laborais e a Seguridade Social de España e outros países.
Ao longo da xornada abordáronse cuestións de actualidade relacionadas co Dereito do Traballo, a coordinación internacional dos sistemas de Seguridade Social, a xurisprudencia europea, a mobilidade de traballadores e os novos retos das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.
O Consello Xeral publicou un vídeo resumen que recolle algúns dos momentos máis salientables desta segunda edición, así como a documentación facilitada polos relatores para a súa consulta polos Graduados Sociais.
