O Colexio homenaxea ao compañeiro Francisco López García

    Categorías:

    Na mañá do venres 24 de xaneiro, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense rendeu homenaxe ao graduado social colexiado máis antigo, o noso compañeiro Francisco López García, quen, con máis de 90 anos, continúa exercendo a profesión.

    O presidente do Colexio, José Lage Cerviño, entregoulle o Diploma “Mérito Social á Traxectoria Profesional”, recoñecemento outorgado en decembro polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España. A este evento, que tivo lugar na sede colexial, asistiron membros da Xunta de Goberno, entre eles Celestino Vieites Sánchez, Secretario, e Fernanda Fernández Álvarez, Vogal Exercente.

    Con 70 anos de exercicio, Francisco López é un exemplo de vocación e paixón por unha profesión que, como el sinala, consolidouse como un piar crave entre cidadáns, empresas e Administración.

    A relevancia desta homenaxe non pasou desapercibida e foi recollida por diversos medios de comunicación como [La Voz de Galicia] e [La Opinión de A Coruña], quen subliñou a transcendencia da súa traxectoria profesional e o seu firme compromiso coa profesión de Graduado Social.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bf83e75dc6c84e9cb8937ecdc08e4a00.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=886ddb6a6a3444c6b59d55b5f228ea93.jpg[/slide]

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.