O Colexio de Graduados Sociais e a Fundación ERLAC renovan a súa colaboración

    Categorías: Etiquetas:

    O obxectivo é achegar o seu alumnado ao exercicio real da profesión á que se incorporarán ao acabar a súa formación universitaria.

    A Coruña, 19 setembro de 2024.- O Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña renovaron hoxe o seu convenio de colaboración por dous anos máis. A firma correu a cargo do presidente do Padroado Reitor da Fundación, Carlos Domenech de Aspe, e o presidente do Colexio, José Lage Cerviño. Ambas as institucións veñen mantendo unha estreita colaboración baseada nun interese en común: mellorar a formación tanto do alumnado da Escola como dos profesionais en activo.

    Un dos aspectos destacados do convenio é a colaboración para a realización das prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares, das e dos estudantes do Grao en Relacións Laborais, titulación da Universidade da Coruña que se imparte na ERLAC. O seu director, Jesús Vázquez Forno, subliñou que “este é un dos puntos fortes do noso acordo. Que a través do Colexio se poidan canalizar as prácticas nos despachos profesionais representa unha grande oportunidade para coñecer as tarefas e funcións dos graduados sociais. E sen dúbida, abre portas á mellora da empregabilidade”. Pola súa banda, o presidente do Colexio de GGSS da Coruña e Ourense, José Lage, destacou as vantaxes da pre-colexiación gratuita que se oferta aos alumnos de Relacións Laborais, coa que teñen acceso a toda a oferta formativa do Colexio e demais servizos da entidade. “A través do Colexio poden manterse ao día das cuestións máis actuais do que será a súa práctica profesional cotiá, cambios lexislativos, procedementais… E sumarse ás xornadas, cursos e sesións que ao longo do ano se programan”. “O obxectivo non é outro que teñan xa un camiño andado cando se incorporen como colexiados exercentes ao mercado laboral”, explicou.

    PREMIO JOSÉ MARÍA BOTANA

    Novamente, a Escola e o Colexio convocarán conxuntamente o premio anual José María Botana López, que recaerá no mellor expediente académico. Ademáis da dotación económica, o galardón supón a gratuidade da colexiación en calidade de non exercente, de maneira que a persoa premiada quedará eximida tanto da taxa de incorporación como do pago das mensualidades durante un ano.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6d86c184e1094d61b56753679da6ee7a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d8b3ed7f39b5480cbf54668d2ff39aff.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=27bc15e3137345cf8c12ed7af15962ab.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].