Xornada formativa: "Primeira xornada galega de Accidente Laboral" (SF Formación)

    Categorías:

    O 28 de novembro A Coruña será testemuña da “Primeira xornada galega do accidente laboral. Responsabilidade penal, laboral e administrativa”, e con prezo reducido en caso de pronta inscrición. Esta xornada conta coa organización de SF Formación, e coa inestimable colaboración da Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC)ABANCA, o Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e a Editorial Xurídica  Sepín.

    A lenta saída da crise económica está a conlevar un repunte na problemática dos accidentes laborais e outras actuacións reprobables cara aos traballadores. Nesta xornada monográfica van ser obxecto de estudo e debate materias como os delitos contra os dereitos dos traballadores, o acoso nas súas diversas perspectivas (laboral, sexual, etc.), os plans de igualdade profundamente modificados tras a Real Decreto Lei 6/2019, a responsabilidade civil e a súa cuantificación, a función da Inspección de Traballo, a PRL no sector público e privado, etc.

    Para iso, contaremos cos extraordinarios relatores:

    • Excmo. Sr. D. Julián Sánchez Melgar. Maxistrado do Tribunal Supremo. Ex Fiscal Xeral do Estado.
    • Ilmo. Sr. D. Luís Anguita Juega. Fiscal Delegado de Sinistralidade Laboral.
    • Ilmo. Sr. D. Juan Antonio Frago Amada. Fiscal de delitos económicos na Fiscalía Provincial da Coruña e editor do blogue "En ocasiones veo reos". 
    • Sr. D. Demetrio Anxo Fernández López. Director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia.
    • Sr. D. Tomás García Castro. Capitán da Garda Civil (Murcia). Técnico superior en PRL. Autor do best seller "Más allá del estrés".
    • Sr. D. Sergio García-Valle Pérez. Avogado. Presidente da Sección de Responsabilidade e Seguro do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid. 
    • Sr. D. Ramón Pérez Merlos. Director de servizo de prevención de ETOSA. Vicepresidente do CGPSST.
    • Sra. Dª Cristina Ortiz Dorda. Letrada da Seguridade Social.
    • Sra. Dª Verónica Martínez Barrero. Presidenta Consello Galego Relacións Laborais e Inspectora de Traballo.
    • Sr. D. Rubén Veiga Vázquez. Avogado penalista. Consultor en Complianza.
    • Sra. Dª Verónica Suárez García. Directora de SF Formación e SF Compliance.

    Consideramos que a extraordinaria calidade dos relatores, a transcendencia da materia que será tratada e a contorna, no mesmo centro da Coruña, será de gran interese para os asistentes. 

    Día:28 de novembro de 2019.

    Lugar: Auditorio Abanca, sita en Avenida da Mariña, 33 da Coruña.

    Horario: De 8:45 a 19:15 horas.

    máis información

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].