O Colexio asiste ao encontro sobre mediación intraxudicial do CGRL

    Categorías:

    Atendendo á invitación recibida por parte do organizador, o Consello Galego de Relacións Laborais, o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, acudiu en representación da nosa corporación ao encontro profesional celebrado o pasado 12 de xuño de 2025 no Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela, baixo o título “Mediación intraxudicial e transformación procesual: a Xurisdicción Social ante a LO 1/2025”.

    A xornada contou cun completo programa de relatorios e mesas redondas, entre as que destacaron as intervencións sobre as novidades da Lei Orgánica 1/2025 en materia de mediación intrajudicial, así como as experiencias compartidas por distintos organismos autónomos e axentes sociais nesta materia.

    O encontro supuxo unha relevante ocasión para a análise e a reflexión conxunta sobre os retos que expón a implantación da mediación intraxudicial no ámbito da xurisdición social.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fb2653d9be294c4885c4468954d6d645.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].