Categorías:
O martes 24 de novembro, o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, e a tesoureira, Sara Costela Viña, asistiron, atendendo á invitación de Fraternidade-Muprespa, a unha xornada celebrada en Espazo Abanca (A Coruña) sobre absentismo laboral e transparencia retributiva.
A xornada abordou a situación do absentismo en Galicia, as políticas de retribución variable e os complementos por incapacidade temporal na negociación colectiva, así como o estado actual da transparencia retributiva. Las distintas relatorios completáronse coa análise de casos prácticos e espazos de coloquio.
Entre os participantes destacou a intervención de Fernando Lousada Arochena, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xunto a outros profesionais especializados en Dereito Laboral de Labormatters Avogados, entre eles Alfredo Aspra e Raúl López Baelo.
O encontro contou tamén coa presenza de Carmen Rueda, directora xerente de Fraternidade-Muprespa, e Alejandro Lamelo Garrido, director provincial de la mutua na Coruña.
[slide]
[/slide]