O Colexio asiste á investidura de María Emilia Casas

    Categorías: Etiquetas:

    A Coruña, 3 de outubro de 2025. O presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, asistiu ao acto académico celebrado pola Universidade da Coruña (UDC) con motivo da investidura da catedrática de Dereito María Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa.

    A cerimonia, presidida polo reitor Ricardo Cao e apadriñada polo catedrático Jesús F. Martínez Girón, reuniu a destacadas personalidades do ámbito académico e xurídico. Durante a súa intervención, María Emilia Casas, primeira muller en presidir o Tribunal Constitucional e en acceder a unha cátedra de Dereito do Traballo en España, reivindicou o papel de Europa como referente do pluralismo político e xurídico e defendeu a universalidade dos dereitos humanos.

    Con esta distinción, a profesora Casas convértese na 31.ª Doutora Honoris Causa da UDC, recoñecemento á súa brillante traxectoria e compromiso coa igualdade, a xustiza e a liberdade.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=521d8a622bfa4ad88cd6eb6165c26153.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6ddbf1cba8c94c1bb250a3bc0672af1d.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].