O Colexio asiste á inauguración de XXVI Escola de Verán do Poder Xudicial

    Categorías: Etiquetas:

    Na tarde do 2 de xullo, celebrouse no Pazo de Mariñán a inauguración da XXVI Escola de Verán do Poder Xudicial, á cal asistiron, en representación deste Colexio Profesional, José Lage Cerviño, presidente, e Noelia Tomé Martínez, vicepresidenta 2ª.

    O evento foi inaugurado polo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Vicente Guilarte, quen no seu discurso subliñou a importancia de que o novo Consello continúe defendendo "con afán" a independencia xudicial.

    Na apertura do curso, que contou coa presenza de xuíces e xuízas de toda España, tamén participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso.

    Así mesmo, o acto contou coa asistencia do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, así como de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial e membros da Sala de Goberno do TSXG, entre outras autoridades xudiciais, civís e militares.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=96026ebb60c442d3a1aa544224c3166a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a5cebe3aa2c643199e9253426518b69e.jpg[/slide]

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e5cd48f670724e72bab1d11ebca675dc.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].