Categorías:
Na tarde do martes 20 de outubro, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou o webinar "Condicións laborais transparentes: as claves do Real Decreto 723/2026", centrado nas novidades desta normativa e a súa aplicación práctica.
A apertura contou coa intervención do noso presidente, José Lage Cerviño, e do coordinador da Comisión de Formación e Cultura, José María Santiago García, quen destacou a importancia da formación continua para adaptarse aos cambios normativos e garantir un asesoramento actualizado.
A sesión, impartida por Ignasi Beltrán, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e director dos Estudos de Dereito e Ciencia Política da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), abordou as principais novidades do Real Decreto, desde a formalización dos contratos e a transparencia horaria ata as garantías de igualdade e conciliación e o uso de algoritmos e intelixencia artificial. Tamén se analizaron as dúbidas interpretativas e os posibles conflitos derivados da súa aplicación práctica, achegando criterios útiles para o asesoramento xurídico-laboral.
