Categorías:
O noso vicepresidente primeiro, David Doldán Palacios, interveu o pasado 28 de xullo no programa Hora 14 A Coruña da Cadena Ser para trasladar a preocupación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense ante a falta de persoal e as dificultades para conseguir cita previa nas oficinas da Seguridade Social da provincia.
Durante a súa intervención, destacou as demoras na atención e as derivacións de cidadáns a oficinas doutros municipios. No caso de Carballo, a oficina do INSS funciona con só o 42% do seu persoal.
Desde o Colexio advertimos de que esta situación afecta especialmente a persoas maiores, dependentes ou con menores competencias dixitais, e reclamamos un reforzo dos persoais e unha atención presencial adecuada que garanta un servizo público accesible para toda a cidadanía.
