Categorías:
Etiquetas:
Na tarde do 12 de xuño asistimos ao acto de gradación da XIV Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (2022-2026) da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), celebrado no Auditorio da Fundación Barrié da Coruña.
En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense acudiron o noso presidente, José Lage Cerviño, e o noso secretario, Celestino Vieites Sánchez, compartindo cos novos graduados e as súas familias unha xornada moi especial que marca o inicio dunha nova etapa profesional.
A cerimonia foi conducida por Demetrio Fernández López, vicepresidente do Padroado da Fundación ERLAC, e contou coa participación de Inés Rey García, alcaldesa da Coruña; Jesús Vázquez Forno, director de ERLAC; María Romaní de Gabriel, secretaria da Fundación; e Cristina Faraldo Cabana, madriña da promoción.
Un dos momentos máis salientables da cerimonia foi a entrega do Premio “José María Botana” á Excelencia Académica da XIV Promoción, outorgado polo noso Colexio á alumna Triana Magalí Fernández Marchese, en recoñecemento á súa brillante traxectoria académica.
A cerimonia incluíu tamén a entrega dos Premios Julio Portela 2026 e a Lección Maxistral impartida por Ricard Calvo Palomares, profesor titular da Universidade de Valencia, alén das intervencións da madriña e o padriño da promoción, Cristina Faraldo Cabana e Mario López Guerrero, e das representantes do alumnado.
Desde o Colexio felicitamos a todos os graduados e graduadas por este importante logro e desexámoslles o maior dos éxitos no seu futuro profesional.
