O Colexio acompaña aos novos titulados da Facultade de Ferrol

    Categorías: Etiquetas:

    Na tarde do pasado 19 de xuño tivo lugar, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, o acto académico de despedida da XVI Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, a XVII Promoción do Máster en Xestión e Dirección Laboral e a XV Promoción do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

    O acto estivo presidido polo decano da Facultade de Ciencias do Traballo, Moisés Alberto García Núñez, e contou coas intervencións dos representantes do alumnado, así como dos padriños e madriñas das distintas promocións.

    En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense asistiron Noelia Tomé Martínez, vicepresidenta segunda da Xunta de Gobierno, e Francisco Camino Guntín, vogal ejerciente, quen acompañou aos novos titulados nunha xornada de recoñecemento ao esforzo, a dedicación e o compromiso demostrados ao longo da súa formación universitaria.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=656df287cfd04f1c9aa1f30e0bf26030.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7c67d0ea48a54db3a833be985f2b8c05.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2c7c4f7c8f8c49eeb86be1bf1f0a3f24.JPG[/slide]

    Durante a cerimonia tamén se fixo entrega do Premio "Cipriano Dobarro" á alumna Nuria Mahía Escudero, en recoñecemento á súa excelente traxectoria académica e humana e ao seu exemplar paso pola Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol.

    Desde o Colexio felicitamos a todos os egresados pola culminación desta importante etapa académica e desexámoslles o maior dos éxitos no seu futuro profesional, convencidos de que desempeñarán o seu labor co rigor, a responsabilidade e o compromiso que distinguen á profesión de Graduado Social.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7e23717b3f554749b76036ca50273b0b.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6d5096adfa6a482fbb0a496b2b53b658.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].