Categorías:
O sábado 10 de outubro, representantes do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense acompañaron á Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) na presentación dos seus másteres para o curso académico 2026/2027, celebrada no estadio de ABANCA-Riazor.
No acto participaron Celestino Vieites Sánchez, secretario do Colexio, e Mª Teresa López Gacio, vogal exercente da Xunta de Gobierno, que acompañaron a Jesús Vázquez Forno, director da ERLAC, na benvida ao novo alumnado e a presentación das distintas propostas formativas.
A nova edición reúne a 32 estudantes de tres programas de posgrao: o Máster en Recursos Humanos e People Analytics, que alcanza a súa décimo quinta edición; o Máster Práctico en Xurisdición Social, que celebra a súa undécima promoción; e o Máster en Organización de Eventos e Protocolo, que inicia a súa cuarta edición, organizado conxuntamente por ERLAC e a Escola Internacional de Protocolo (EIP).
Durante a presentación do Máster Práctico en Xurisdición Social, no que colabora o Colexio, púxose en valor a importancia dunha formación especializada e práctica, con experiencias en xulgados reais e un achegamento directo á xurisprudencia, así como a calidade do seu equipo docente.
A noticia tamén foi recollida por El Ideal Gallego.
[slide]


[/slide]
