O Colexio aborda co TSXG a situación da xurisdición social

    Categorías:

    A Coruña, 13 de xullo de 2026. O presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, acompañado polo vicesecretario do Colexio, Juan Martínez García, mantivo esta mañá un encontro institucional co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste Sueiras, na sede do alto tribunal na Coruña. Durante a reunión abordaron a situación actual da xurisdición social en Galicia e os principais retos que afronta esta orde xurisdiccional.

    A representación colexial agradeceu ao presidente do TSXG o respaldo institucional que a institución xudicial vén prestando á III Xornada Xurídica, organizada polo Colexio e que se celebrará o próximo 30 de setembro no Pazo de Mariñán. Como mostra dese recoñecemento, José Lage Cerviño fixo entrega a Ignacio Picatoste Sueiras dunha placa conmemorativa en agradecemento ao apoio que o TSXG vén brindando a esta cita de referencia ao redor do Dereito do Traballo e a Xustiza Social.

    Un dos asuntos centrais do encontro foi a crecente preocupación do colectivo de graduados sociais polos atrasos que afectan á xurisdición social galega. O Colexio trasladou ao presidente do TSXG a realidade que viven diariamente os profesionais que representan a traballadores e empresas, con demoras nas sinalizacións que, en determinados órganos xudiciais, alcanzan ata dous anos, comprometendo a tutela xudicial efectiva e a resolución áxil dos conflitos laborais.

    Neste contexto, o Colexio expresou a súa disposición para manter unha vía permanente de colaboración co TSXG e expuxo a conveniencia de impulsar un Observatorio da Xurisdición Social, un espazo de análise que permita identificar as principais disfuncións do sistema, compartir información e promover medidas orientadas a reducir a conxestión e mellorar o funcionamento da Administración de Xustiza no ámbito laboral.

    Os graduados sociais, pola súa condición de operadores xurídicos especializados en Dereito do Traballo e da Seguridade Social, son testemuñas directas das dificultades que atravesan traballadores e empresas cando os procedementos xudiciais prolónganse durante anos. Por iso, o Colexio considera prioritario avanzar en solucións que permitan ofrecer respostas máis áxiles e eficaces.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a6b090c0ca014fd38dee89b825c55150.png

    Unha situación que reflicten os datos

    A preocupación trasladada durante a reunión atopa respaldo nas cifras recollidas na última Memoria do TSXG. A xurisdición social en Galicia rexistrou durante o último exercicio 34.409 novos asuntos, resolveu 34.155 procedementos e finalizou o ano con 27.709 asuntos pendentes de tramitación, o que evidencia a persistencia dunha elevada carga de traballo.

    Aínda que a situación presenta diferenzas entre os distintos partidos xudiciais, a sobrecarga continúa sendo estrutural. Nalgúns xulgados, procedementos que a lei prevé tramitar con carácter urxente acumulan demoras moi significativas, con sinalizacións que poden chegar a fixarse para dúas ou mesmo tres anos despois da presentación da demanda. Do mesmo xeito, os procedementos ordinarios e as reclamacións de cantidade poden prolongarse durante varios anos, co conseguinte impacto para traballadores, empresas e profesionais.

    O encontro e os asuntos abordados durante a reunión tiveron unha ampla repercusión nos medios de comunicación galegos. Cabeceiras como [21Noticias], [ElIdealGallego] e [LaOpinión], fixéronse eco da reunión e da preocupación trasladada polo Colexio sobre a situación da xurisdición social en Galicia.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=edab09b40bd4495db94805232a34b69d.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].