O cineasta Xose Zapata visita o Colexio de Graduados Sociais

    Categorías: Etiquetas:

    O cineasta Xosé Zapata, recentemente galardoado cun premio Goya ao mellor curto de animación por "The  Monkey", foi recibido onte na sede colexial pola Xunta de Goberno representada por Susana Soneira Lema, Presidenta, José Ramon Lage Cerviño, Vicepresidente 2º, Miguel Ángel Domínguez Losada, Secretario Xeral e Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica Laboral.

    O Colexio Oficial de Graduados Sociais é un colectivo especializado en temas xurídico-laborais, que ten entre os seus clientes ao cineasta, ao que axudan e asesoran en temas laborais, fiscais e contables. A Presidenta do Colexio, Susana Soneira, incidiu na importancia do labor que realizan os Graduados Sociais, que son expertos en materias de seguridade social e xurídico-laboral.

    "É curioso porque a nosa especialidade non existe na Seguridade Social. Os animadores de debuxos animados  non temos convenio e é moi difícil a tarefa que fan os asesores laborais no noso gremio porque realmente a  Seguridade Social non está preparada para este novos empregos e é realmente fundamental contar con asesores porque é unha carencia no noso sector", sinalou Zapata.

    O director coruñés quixo facer participe do Goya ao equipo xurídico que o axudou en toda a papelada que tivo que realizar para levar a cabo a súa obra, destacando o papel desas persoas que traballan "na sombra". "Eles teñen que dedicarse a crear e nós a traballar para que eles non teñan problemas", expresou Susana Soneira.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f3c1c0ec3b1f4ca4bec8edbc558ebc97.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=44f585a9c5184308bbcccb2121fbd5a9.JPG

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=88b98dbf4f534307bdafd122f30d1b93.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=8e001c51424b4f5db1307b227440f456.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6568abfbca804421a2088f77521b6c2e.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=282847adcad441fcadc83a65c9312ab2.jpg

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6ec12001715e4422987c42f9f8de0739.jpg

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=76539430111a49c7b5c183755291d482.jpg

    [/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].