“Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo”

    28 abril| No Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, reflexiona sobre a importancia de contornas laborais seguros e saudables para todos. A seguridade e saúde no traballo son piares fundamentais para o benestar das persoas traballadoras. Desde o noso compromiso, promovemos accións para previr riscos laborais e protexer a integridade física e mental de quen forma parte do mundo laboral. Como profesionais do ámbito social e laboral, traballamos para fomentar unha cultura de benestar laboral e prevención dos riscos laborais en empresas e organizacións.

    Debemos destacar as xornadas que durante dodo este ano vén desenvolvendo o colexio na que estamos a tratar todos os aspectos do accidente de traballo e as enfermidades profesionais impartidas por profesionais en Seguridade e Saúde no Traballo.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7a522b5f720242329aee582310e6d03e.jpg

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.