Categorías:
Hoxe, 25 de novembro, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A violencia de xénero constitúe unha das máis graves vulneracións de dereitos na nosa sociedade. Non só afecta a seguridade das persoas, senón que tamén atenta contra os valores fundamentais de convivencia, respecto e dignidade humana.
Como profesionais do ámbito xurídico e social, os Graduados Sociais traballamos cada día para promover a igualdade, o respecto e a xustiza social, defendendo os dereitos humanos e fomentando unha sociedade máis xusta, libre e segura para todas as mulleres.
Hoxe, e sempre, dicimos NON á violencia contra a muller e lembramos a todas as vítimas, reafirmando o noso compromiso por un futuro libre de violencia.
