Almorzo de traballo "A fiscalidade da seguro saúde na retribución flexible"

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 26 de outubro e no Hotel Attica desta cidade, a Fundación Inade desenvolveu un dos seus habituais almorzos de traballo, esta vez sobre "A fiscalidade do seguro de saúde na retribución flexible en Galicia". 

    Atendendo á petición da Fundación, na que solicitaban a colaboración do Colexio para presentar a xornada, acudiu na nosa representación D. Jesús Vázquez Conde, Vicesecretario desta corporación, que despois de dar a benvida aos númerosos invitados, aproveitou para facer un breve repaso pola historia do Colexio e destacar as principais funcións profesionais que desempeñan os Graduados Sociais ante a sociedade. 

    Posteriormente, cedería a palabra ao relator da xornada D. José María Soriano Bañón, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, na especialidade de Auditoria e Director Financeiro e de Recursos Humanos de Asefa Seguros, que ao longo da súa intervención explicou as vantaxes fiscais do seguro de saúde, destacando que se trata dunha ferramenta moi útil que incrementa a retribución neta dos traballadores, sen que iso supoña custo algún para o empresario.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b79a8c8b558749f184e889ea0c1d6aea.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=78aee0cc762f48dca2f0800a9098b4bd.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=22dbeeb02c294cffbdcf6d6b8482062b.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].