Cuestións Contables e Fiscais do Peche do Exercicio das Sociedades

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 15 de febreiro inaugurouse a actividade formativa deste ano 2017, coa celebración dunha xornada sobre as cuestións contables e fiscais do Peche do Exercicio económico das Sociedades.

    A exposición foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e por D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral e desenvolvida por D.  Manuel Dosío López, Profesor de Facenda Pública na Facultade de Económicas da Coruña. Licenciado en Dereito con premio extraordinario pola Universidade Complutense de Madrid. Inspector de Facenda (en excedencia) e Interventor-Auditor do Estado (en excedencia). Auditor de contas (non ejerciente). Foi inspector na Delegación de Facenda de Barcelona, vogal do Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia, inspector da Oficina Nacional de Inspección da Axencia Tributaria e xefe de Unidade Rexional de Inspección na Delegación de Galicia da Axencia Tributaria.

    A exposición, tanto para os asistentes presencialmente como para os que realizaron o curso a través da web, axustouse ao seguinte programa:

    • Peche contable. Aspectos xerais. Prazos para o cumprimento das obrigacións contables e rexistrais relacionadas coa contabilidade. Formulación de contas anuais. Referencia ás modificacións introducidas na regulación contable polo Real Decreto 602/2016, do 2 de decembro.
    • Entidade patrimonial e actividade económica.
    • Aplicación do principio de inscrición contable.
    • Particularidades fiscais sobre amortización, deterioración de activos e provisións.
    • Esquema de liquidación do IS.
    • Compensación de bases impoñibles negativas.
    • Minoraciones da base impoñible.
    • Tipos de gravame.
    • Deducións e bonificacións da cota íntegra.
    • Pagos fraccionados.
    • Modelos de declaración do IS e do IRNR correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza territorio español, para os períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].