Convenio "Medidas de protección para orfos vítimas de violencia de xénero"

    Categorías: Etiquetas:

    Durante a mañá do día 2 de xaneiro de 2019, a Xunta de Galicia puxo en marcha unhas medidas de protección e asistencia especifica para as orfos vítimas directas da violencia de xénero, converténdose Galicia na primeira comunidade do Estado en levalo a cabo, e dando cumprimento a un dos eixos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

    Á firma do convenio de colaboración, asistiron os seguintes representantes:

    • D. Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza @de la Xunta de Galicia.
    • Dª Pilar Otero Moar, Presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
    • Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
    • D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo.
    • D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.
    • Dª María Ángeles García Pérez, Presidenta da Asociación AGAXEM.
    • Dª Laura Vilaboy Romero, Presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7c82a00933e94c31be3773ff994ac8a3.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=94bad283a8fa404990008c512f6c60b2.jpg[/slide]

    Mediante a firma deste convenio intensifícase a asistencia e protección de menores, que contarán con acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos que precisen as fillas e fillos orfos e menores de 30 anos das vítimas mortais da violencia de xénero en Galicia, así como ás persoas que asumen a súa patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente, no caso de menores de 18 anos. Contarán tamén co o apoio socio-educativo, sempre que sexa preciso.

    Así, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e os Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, colaborarán apoiando a estes menores e ás persoas que asumen a súa custodia, no acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia colaborará, no apoio socio-educativo para as fillas e fillos menores. E a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral, actuará como nexo de coordinación en todo o procedemento.

    A Xunta asumirá todos os custos derivados das accións, levadas a cabo sempre co consentimento expreso por parte dalgunha da persoas que asuman a patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente no caso de orfos/ as menores de idade, ou dos propios fillos orfos no caso de maiores de idade e menores de 30 anos.

    Nas seguintes ligazóns, podes ver o seguimento que fixeron varios medios de comunicación a tan importante acontecemento.

    http://igualdade.xunta.gal/es/actualidad/galicia-se-convierte-en-la-primera-comunidad-en-poner-en-marcha-medidas-de-proteccion-y

    https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1291278/galicia-primera-comunidad-poner-marcha-medidas-asistencia-integral-huerfanos-violencia-genero

    http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-447

    https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/medidas-proteccion-orfos-vitimas-violencia-xenero/idEdicion-2019-01-02/idNoticia-1157036/

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].