Convenio de colaboración entre o Colexio e ASNALA para formación laboral

    Categorías:

    O Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Asociación Nacional de Laboralistas (ASNALA) asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a formación especializada, o debate xurídico e o intercambio de coñecementos en materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

    O acordo foi subscribido na mañá do 24 de abril en Madrid polo presidente do Colexio, José Lage Cerviño, e a presidenta de ASNALA, Ana Gómez Fernández, convertendo ao Colexio da Coruña e Ourense no primeiro de Galicia en formalizar este tipo de colaboración coa devandita asociación.

    A través deste acordo marco, ambas as entidades impulsarán conxuntamente a formación especializada, o debate xurídico e o intercambio de coñecementos en materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Grazas a el, ademais, os socios e colexiados de ambas as institucións terán bonificacións na inscrición nas distintas actividades que programen, promovendo así mesmo a participación dos seus membros como relatores ou participantes nas distintas propostas formativas que organicen.

    Tras a firma, ambos os responsables resaltaron a finalidade desta colaboración que non é outra que a mellora de competencias, a especialización e posta ao día permanentes e o acceso dos colexiados da Coruña e Ourense, adscritos á entidade, ao manexo de ferramentas formativas ao dispor dos profesionais que traballan no ámbito laboral.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6c0fb2386d5a4340af232cf061a8db8a.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].