Conferencia na RAGJYL sobre o impacto da IA na Xustiza

    Categorías:

    Na tarde do xoves 26 de setembro, Manuel Marchena Gómez, presidente da Sala Segunda do Tribunal Supremo, ofreceu unha conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación baixo o título "Intelixencia Artificial e xurisdición penal: ¿Cara a unha xustiza robótica?". O evento xerou gran expectación, enchendo por completo o salón de actos.

    Durante a súa intervención, Marchena expresou o seu escepticismo ante a posibilidade de que a Intelixencia Artificial poida substituír aos xuíces, resaltando a importancia de preservar a intervención humana no ámbito xudicial. Sinalou que "a loita contra as inmunidades do poder non pode quedar en mans dun dispositivo que só ofrece fidelidade estatística e aritmética ao programador que trazou a resposta algorítmica”.

    O relatorio foi presentada polo presidente da RAGJYL, José Luis Seoane Spiegelberg, e contou coa asistencia de destacadas autoridades como o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni; o presidente da Audiencia Provincial da Coruña, Ignacio Picatoste; e o xefe do MAM do Exército de Terra, Raimundo Rodríguez Roca. En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, acudiu o noso presidente, José Lage Cerviño.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=60d6e4075a64475ab71be4cc6c62b836.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0e18c1565ffa4082a2e3ad8c00102b25.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].