Comida Homenaxe a D. Carlos Domenech de Aspe

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 4 de novembro, e tras case 44 anos de actividade ao servizo da Administracion, celebrouse no Miradoiro de San Pedro, unha comida-homenaxe a D. Carlos Domenech de Aspe, Director Territorial da Inspección de Traballo con motivo da súa xubilación.

    O homenaxeado estivo acompañado de case 200 persoas, entre familiares, compañeiros das diferentes administracións e representantes de diversas institucións.

    En representación deste Colexio, asistiu a presidenta Dª Susana Soneira Lema, para deixar constancia das boas relacións que sempre mantivo este colectivo co Sr. Domenech, que sempre se caracterizou pola súa proximidade,  e co que puidemos contar en multitude de ocasións ao longo da súa traxectoria na Administración xa que se distinguiu sempre por facer do diálogo o seu principal aceno de identidade, tanto coas persoas traballadoras e os sindicatos como cos empresarios. Estivo acompañada por D.  German Prieto-Puga Somoza, Secretario Xeral do Consello Xeral de Graduados Sociais e por D. Jesús Vázquez Forno, Director da Fundación Escola de Relacións Laborais da Coruña.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=51c4d30fd90241489e62389aac45d552.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5b5e1daf180c4535bf6a45b8927e94f5.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7fe7ae831ded4bc1b9ba45354a6c9315.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7c8a51f54a81481bac89cea6ef32bfce.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9feced944f49485699376eaa253eecff.jpg[/slide]

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].