Categorías:
Etiquetas:
O día 27 de novembro, A Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema e o Vicepresidente 1º, D. Alejandro Pérez Otero, asistiron aos acots Institucionais do Colexio de Pontevedra e clasura das XXIII Xornadas Técnicas de Graduados Sociais de Pontevedra.
No transcurso do Acto, o Fiscal Xefe dos Xulgados de Vigo, Dna. Susana García-Baquero Borrell, impartiu a Conferencia "Insolvencia empresarial, responsabilidade dos administradores en relación coas modificacións do Código penal".
Esta Conferencia, foi seguida dos actos institucionais, de Xura de cargo dos novos colexiados, apadriñados nesta ocasión polo Xefe da Inspección de Traballo, D. José Mª Casas de Ron. A continuación entregáronse as distincións en recoñecemento aos 25 anos de colegiación e a entrega das coderas de Ouro, Prata e Bronce aos tres mellores expedientes da última promoción de Graduados en RR. LL. e RR. HH, contando para estes actos coa presenza do Vicedecano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, D. Jaime Aneiros, en representación da Universidade de Vigo.
O acto de clausura pechouse cun discurso do Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, D. Raúl Gómez Villaverde, que resaltou a importancia dos logros alcanzados en 2015 para o colectivo, ao recoñecérsenos como auténticos operadores xurídicos.
A este acto asistiu tamén D. MAnuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo.
[slide]

[/slide]