Charla sobre a precolexiación e colexiación (Facultade Ciencias Traballo Ferrol)

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do día 26 de outubro, celebrouse unha presentación no Campus de Esteiro de Ferrol ante os estudantes do Grao de Relacións Laborais expoñéndolles da posibilidade de Precolegiación así como dos demais servizos que presta o Colexio aos seus Colexiados en xeral. Esta charla foi impartida por Roberto Barros López e David Doldán Palacios, Responsable da comarca de Ferrol e Vogal Exercente da Xunta de Goberno, respectivamente, na que tamén realizaron unha pequena disertación en relación coas saídas laborais, á vez que fixeron entrega de carpetillas informativas con axendas e USB a cada un dos asistentes. 

    Na presentación participou tamén o Decano da Facultade, José Luis López Fernández, que iniciou o acto facendo gala das boas relacións institucionais entre ambas as entidades.

    Ao final da charla varios estudantes mostráronse interesados na posibilidade de realizar a precolexiación.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].