Etiquetas:

Un ano máis chega o momento de reencontrarnos e celebrar xuntos un acontecemento moi especial.
Desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense presentámosche a nosa tradicional Cea-Baile de Confraternidade, que celebraremos o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20.30 horas, no Pazo de Vilaboa.
Unha noite para compartir, desfrutar e celebrar reencontros e novos encontros, na que non faltarán os recoñecementos aos nosos compañeiros, unha actuación especial a cargo dun Quinteto da Orquestra Sinfónica de Galicia durante a cea, sorpresas e outros momentos pensados para desfrutar de principio a fin.
E cando chegue o momento de deixar a mesa, a música tomará a vez para poñer o broche final á noite co baile amenizado por DJ.
O encontro está aberto a colexiados, precolegiados e acompañantes. Completa o boletín de inscrición antes do 30 de outubro e prepárate para desfrutar dunha noite diferente, desas que merece a pena compartir.
¡Vémonos o 6 de novembro no Pazo de Vilaboa!

