Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 4 de novembro, venres, esta Corporacion celebrou a xa tradicional Cea de confraternidade. Nesta ocasión o evento celebrouse no Pazo de Vilaboa, onde se reuniron preto de 120 persoas, entre colexiados, acompañantes e autoridades.
Comezaron os actos coa recepción dos asistentes por parte da Presidenta, Susana Soneira e os membros da Xunta de Goberno, para dar paso á entrega das insignias aos novos colexiados e das figuras conmemorativas aos colexiados con 25 anos de permanencia; igualmente fíxose entrega dun obsequio aos profesionais rexistrados no servizo de orientación Xurídico-Laboral gratuíto pola súa dedicación desinteresada.
[slide]
[/slide]
Unha vez finalizadas as entregas, a Presidenta formulou o seu discurso, agradecendo a todos a asistencia.
Como xa é habitual, ao termo da cea, realizouse o sorteo dos obsequios doados polas empresas colaboradoras, para rematar a noite cun animado baile.