Celebramos unha xornada sobre prevención do acoso laboral con expertos de FREMAP

    O Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou o pasado 12 de novembro unha xornada virtual sobre “Prevención do acoso psicolóxico, sexual e por razón de sexo na contorna laboral”, dirixida a profesionais do sector. A sesión foi inaugurada polo Presidente do Colexio, José Lage Cerviño, xunto a Celestino Vieites Sánchez, Secretario do Colexio, e Carmen Serrano Ramírez, Directora de Fremap en Ferrol, coa coordinación e moderación de Mª José Dobarro Otero, Xestora e Formadora de FREMAP.

    Cunha excelente acollida entre os colexiados, a formación foi impartida polos expertos de FREMAP en protección de riscos laborais, María Dolores Rodríguez e David Piélago, quen abordou temas cruciais para a creación de contornas de traballo seguros e respectuosos. A xornada puxo especial énfase en promover unha cultura de tolerancia cero cara a calquera forma de acoso ou discriminación, destacando estratexias de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e por razón de sexo.

    Ademais, varios medios de comunicación destacaron esta xornada: [XORNAL DA CORUÑA] [RADIO INTERCORUNA]

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9d3cf56a14ca4a2c933bdf0e0b72577a.jpg

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].