Categorías:
Durante a tarde do 8 de febreiro, o Colexio coa participación de FREMAP, inauguramos o Taller monográfico sobre o accidente de traballo coa primeira sesión que versou sobre o “Concepto accidente traballo en xeral para o traballador por conta allea”.
A xornada que se desenvolveu por videoconferencia, foi presentada por José Lage Cerviño, Vicepresidente 2º do Colexio; Carlos Chairos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia e coordinada por Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP e Celestino Vieites Sánchez, Xerente desta Corporación.
Esta xornada inicial contou co relatorio de Antonio Montalbán Moya, Xestor e Formador de FREMAP.