Categorías:
Durante a tarde do 4 de abril, iniciamos o segundo bloque do Taller monográfico sobre o accidente de traballo, organizado pola nosa Escola de Práctica Laboral.
A xornada que se desenvolveu en formato presencial e online, foi presentada por José Lage Cerviño, Presidente do Colexio; Carlos Chairos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia e coordinada por Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP.
Esta xornada inicial que versou sobre a “Delimitación xudicial do accidente de traballo para o traballador por conta allea”, contou co relatorio de José Luis Velázquez Sánchez, Director Nacional da Asesoría Xurídica de Prestacións de FREMAP.
Ese mesmo día, Juan Martínez García, Vicesecretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, participou nunha interesante entrevista radiofónica, dentro do programa “Hoy por Hoy A Coruña" da Cadea Ser, onde analizou as causas dos accidentes laborais e as nosas xornadas formativas do "Taller sobre o accidente de traballo", que estamos a levar acabo neste primeiro semestre do ano.

[slide]
[/slide]