Celebración da nosa Asemblea Xeral Ordinaria 2023

    Categorías: Etiquetas:
    O 29 de marzo, celebrouse no salón de actos do Colexio a nosa Xunta Xeral Ordinaria.
     
    Iníciase o acto co saúdo da presidenta, Susana Soneira Lema, aos asistentes, dando inicio á Asemblea e cedendo a palabra ao Secretario Xeral, Miguel Ángel Domínguez Losada, que procedeu á lectura da acta e á presentación do borrador da memoria anual 2022.
     
    Continua a Orde do Día, coa presentación das contas do exercicio anterior e o orzamento para o ano 2023 por parte do Tesoureiro, Cándido Sanisidro López.
     
    Seguidamente, toma a palabra a Presidenta para expoñer os actos e o desenvolvemento do Colexio durante o exercicio 2022 e informar, así mesmo, da situación na que se atopan as xestións realizadas en prol dos intereses dos colexiados.
     
    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=aa0706db7aae49abbe4da0662023dd82.JPG
     
    Finaliza o acto coa intervención dalgún dos colexiados asistentes e o agradecemento por parte dos compoñentes da mesa presidencial.

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.