Celebración da nosa Asemblea Xeral Ordinaria 2020.

    Etiquetas:

    Na tarde do 08 de xullo, e atendendo á convocatoria cursada para o efecto, celebrouse no Hotel Praza da Coruña, co fin de dar cumprimento ás medidas de hixiene e prevención para facer fronte ao Covid-19, a nosa Asemblea Xeral Anual.

    D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario do Colexio, saudou aos asistentes e deu inicio á Asemblea, cedendo a palabra ao Vicepresidente 2º e  Vicecretario Xeral, D. José Ramón Lage Cerviño, que procedeu á lectura das actas e á presentación do borrador da memoria anual 2019, puntos que foron aprobados por unanimidade dos asistentes.

    Continuando coa Orde do Día, o Tesoureiro, D. Cándido  Sanisidro López, presenta as contas do exercicio anterior, así como o orzamento para o ano 2020, que tamén son aprobados.

    Toma de novo a palabra o Vicepresidente 1º, para expoñer as actuacións que está a desenvolver o Colexio en defensa dos intereses colexiais e expor as proposicións da Xunta de Goberno aos asistentes, que tamén son aprobadas por unanimidade.

    Finaliza o acto coa toma de posesión de Dª Susana Soneira Lema, como nova Presidenta do Colexio.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=af66d205a64f47579d4f975556ec367b.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=40fd16e6786f40daa2784868d337bee5.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=954bfa7440424c6cb3c7208082862bf4.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a9aea4f1b33d44aa81ea333006c4198f.jpg[/slide]

     

     

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].