Categorías:
Continuando coa actividade formativa do Colexio, organizamos unhas xornadas sobre a "Declaración da Renda" os días 6 e 7 de maio, na modalidade presencial e online.
As xornadas foron presentadas e moderadas por Lucia Sanjurjo López, Tesoureira do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, correspondendo a parte instructiva a Mª Remedios Vázquez Gil, Graduada Social colexiada e Xestora na Sección de Renda, Unidade de Comprobación e Liquidación de Administración da AEAT de Santiago de Compostela.
Durante dúas tardes, realizouse unha análise exhaustiva teórico e práctico das novidades do IRPF do 2023, así como dos criterios interpretativos e da xurisprudencia aplicable ao imposto. A combinación de modalidades permitiu unha ampla participación e promoveu o intercambio de coñecementos no ámbito da fiscalidade.
