Celebración da "Primeira xornada galega do accidente laboral" ( SF Formación)

    Categorías: Etiquetas:

    O 28 de novembro, celebrouse no Auditorio Abanca da Coruña, a “Primeira xornada galega do accidente laboral. Responsabilidade penal, laboral e administrativa”; na que a Presidenta do noso Colexio Profesional, Dª Susana Soneira Lema, participou na presentación da primeira mesa redonda baixo o título: “Cara a onde vai a investigación e axuizamento dos accidentes laborais?”.

    Durante esta importante xornada interviñeron como relatoras, entre outros, o Director de Servizo de Prevención de ETOSA, D. Ramón Pérez Merlos; o Director Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia, D. Demetrio Ángel Fernández López; o Capitán da Garda Civil, D. Tomás García Castro; o Fiscal Delegado de Sinistralidade Laboral, D. Luís Anguita Juega; a Presidenta do  Consello Galego Relacións Laborais, Dª Verónica Martínez Barrero; o Avogado Penalista e Consultor en  SF Compliance, D. Rubén Veiga Vázquez; a Avogada e Directora de SF Formación e SF Compliance, Dª Verónica Suárez García; o Presidente da Sección de Responsabilidade e Seguro do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, D. Sergio García-Valle Pérez; o Maxistrado do Tribunal Supremo e Ex Fiscal Xeral do Estrado, D. Julián Sánchez Melgar; e o Fiscal de Delitos Económicos na Fiscalía Provincial da Coruña, D. Juan Antonio  Frago Amada.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=28beed098bbe4fbca2e110a2568c33a9.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c43a7485d7a949d7938d94d0f4377fca.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f553141f93b448dd9ec6fab233e82e65.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c1a34555393945fa9ebdceeac1af0516.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ce11a40c3d63494d858a67a31f778b7c.jpg[/slide]

    Esta xornada contou coa organización de SF Formación, e coa colaboración da Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), Abanca, a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), a World Compliance Association, a Editorial Xurídica Sepín e o Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. 

     

     

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].