Celebración da xornada “Habilidades Comunicacionales e Xestión de Conflitos"

    Categorías:

    Durante a tarde do día 9 de xuño, o Colexio coa participación de FREMAP, celebrou unha xornada a distancia sobre as “Habilidades  Comunicacionales e Xestión de Conflitos”.

    A xornada foi presentada por Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica Laboral, que, logo de saudar aos rexistrados no curso, cedeu a palabra a Carlos Chairos, Director Rexional de FREMAP en Galicia.

    Posteriormente, David Piélago Solís, Licenciado en Psicoloxía do Traballo e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades e Asesor sobre riscos psicosociais en FREMAP, expuxo as habilidades comunicativas relacionadas coa xestión e a resolución de conflitos, especialmente sobre a mediación, que é unha das principais ferramentas para resolver conflitos, tanto a nivel persoal como tamén comunitario.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=8af47107979f497b947f69ebceced5c7.png

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.