Celebración da xornada “Cuestiones de actualidade laboral: ERTES e SMI”

    Na liña de servizos que ofrece o Colexio aos seus colexiados, a formación continua ocupa un lugar destacado, por iso na tarde do 21 de outubro, celebramos unha xornada telemática sobre “Cuestións de actualidade laboral: ERTES e SMI”; onde se debullou o acordo entre Goberno e Axentes Sociais para a extensión dos expedientes de regulación temporal de emprego ata o próximo 28 de febreiro de 2022 e a recente subida do salario mínimo interprofesional.

    Tras a apertura da xornada pola Presidenta do Colexio, Susana Soneira Lema, actuando como moderador o Coordinador da Escola de Práctica Laboral, Guillermo Hermida Grandío, cedeuse a palabra ao relator, Javier Fernández Travieso, Inspector de Traballo da Coruña.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=acd4fd18e2a7400ba76984bd5ac0a4d1.jpg

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.