Celebración da "II Xornada Laboralista", do Colexio de GS de Pontevedra

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do venres 27 de setembro, e na cidade de Vigo, o Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, organizou en colaboración co Consello Xeral de Graduados Sociais de España e a Fundación Xustiza Social, a súa “II Xornada Laboralista”, dirixida aos colexiados graduados sociais, estudantes de relacións laborais e a outros profesionais do dereito (xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais e avogados).

    Nesta segunda edición, os presentes puideron gozar das intervencións de, Dª. Teresa Conde-Pumpido Tourón, destacada Maxistrada do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de D. Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, de D. Ricardo Gabaldón Gabaldón, Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España e de Dª. Nuria Giráldez Villar, Graduada Social e Vogal da Xunta de Goberno do Colexio de Pontevedra.

    Atendendo á invitación do Presidente do Colexio de Pontevedra, D. Raul Eugenio Gómez Villaverde, asistiu en representación da nosa Corporación, a Presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b693e9d42d854464aba228239195c8df.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2d57f8c1001c4ffcb9da41e93693b299.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=485605571d9d4b8e8819988fde5b6a7d.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=989d0dd067a242a4811703cce7270d53.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a2e68f56a73343adae908d533c149c27.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=41a2836825884c178c1aa9a5c222d2f9.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f5094fa212fa408f94f58ad5139ff9c2.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].