Categorías:
Etiquetas:
O 20 de marzo celebrouse na sede do noso Colexio a Xunta Xeral Ordinaria. Ás 17:30 horas e en segunda convocatoria, Susana Soneira Presidenta do Colexio, saudou aos asistentes e deu inicio á Asemblea anual.
Tras a lectura e aprobación da acta da Xunta Xeral anterior por parte do Secretario, Miguel Ángel Domínguez, expúxose a nosa Memoria Anual para o ano 2023.
A continuación, Cándido Sanisidro, Tesoureiro do Colexio, presentou o Balance de Contas Anuais de Ingresos e Gastos do ano 2023 e seguidamente deuse lectura do Orzamento de Ingresos e Gastos para o ano 2024, ambos os puntos foron aprobados.
Seguidamente, a Presidenta, volve tomar a palabra para dar conta aos presentes da actuación e desenvolvimiento do Colexio e do estado en que se achan as xestións realizadas en defensa dos intereses Colexiais, así como reflexións sobre o presente e futuro da profesión.
Seguindo coa Orde do Día, exponse e apróbase a proposición da Xunta de Goberno de manter a bonificación das cotas de incorporación a novos colexiados, para seguir coa intervención dos asistentes cos seus rogos e preguntas.

Paralelamente durante a tarde levou a cabo o proceso electoral para a renovación parcial da nosa Xunta de Goberno, que, tras as votacións e escrutinio, a Presidenta da Mesa Electoral, Lucia Sanjurjo, procedeu a efectuar a proclamación dos seguintes candidatos electos:
Presidente
Vogais Exercentes
- Mª Fernanda Fernández Álvarez
- Mª Teresa López Gacio
- José Manuel Regueira Vázquez
- Noelia Tomé Martínez
Vogais Non Exercentes
- Juan Martínez García
- Celestino Vieites Sánchez
[slide]

[/slide]
Para finalizar a Asemblea, a Presidenta saínte felicitou aos candidatos electos e procedeuse á toma de posesión de José Lage como novo Presidente do Colexio para o próximos catro anos. Os novos vocais elixidos tomarán posesión do cargo na primeira reunión de Xunta de Goberno que se celebre para o efecto.
[slide]
[/slide]