Campaña de Nadal - Recollida Solidaria de Alimentos

    Categorías:

    Calquera data é boa para solidarizarse cos que menos teñen, pero sen dúbida o Nadal éo. Por iso, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense puxo en marcha unha recollida solidaria para o Banco de Alimentos Rías Altas, ao que doará todo o material que os colexiados e familiares acheguen desde o 21 de novembro ao 16 de decembro de 2024. A entrega dos produtos ou a achega económica poderá facerse na sede colexial da Coruña (no número 12 da rúa Monforte). O 17 de decembro, todo o recadado será entregado ao Banco de Alimentos Rías Altas, reforzando o compromiso da nosa corporación con quen máis o necesitan durante estas datas tan significativas.

    Por indicacións da organización Balrial que xestiona o Banco de Alimentos Rías Altas os produtos requiridos principalmente son: leite, cacao, cereais, aceite, conservas de peixe e vexetais, salsa de tomate, comida preparada en lata, azucre, fariña, arroz e legumes así como tamén produtos de hixiene persoal. Se se prefire, poderanse facer achegas económicas. 

    O Banco de Alimentos Rías Altas é unha organización apolítica e aconfesional, cuxo traballo é cento por cento voluntario, e que recolle a axuda e distribúea entre entidades sociais que traballan contra a fame e a desigualdade: Cáritas, concellos, organizacións de apoio a inmigrantes, asociacións de drogodependentes, alcohólicos anónimos, cociñas económicas, asilos, fogares de sen teito, centros de menores, isto é, organizacións e entidades que canalizan a repartición ao usuario final. 

    Dado o obxecto desta iniciativa e as datas nas que nos atopamos, a Xunta Directiva do Colexio Oficial de GGSS da Coruña e Ourense convida os seus colexiados e colexiadas a participar e demostrar a solidariedade e empatía do colectivo cos máis necesitados.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=cc8dc0248ca3433eac13e16caf292ce9.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].