Asistencia da Xunta de Goberno a diversos actos Institucionais

    Etiquetas:

    Acto de presentación da CCAINC, da “Guía de boas prácticas” e do “Estudo sobre a aplicación do principio de igualdade na negociación colectiva galega”

    O día 25 de xaneiro, na sala Einsenman da Cidade da Cultura, celebrouse o o acto de presentación da CCAINC, do “Informe sobre o principio de igualdade na negociación colectiva galega”, e da nova edición da “Guía de boas prácticas en materia de igualdade” que acaba de publicar o CGRL, e ao que asistiu en resposta á súa invitación e en representación deste Colexio Profesional, a presidenta, Dª Susana Soneira Lema e o tesoureiro, D. Candido Sanisidro López. A guía e o estudo poden consultarse nas seguintes ligazóns:

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=29f2ae440a8848aa8d7b5e6af5ab1ebd.jpg

     

    Acto de entrega dos "Premios Pérez Lugín"

    Seguidamente, o mesmo día, a presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema, acode, tamén por invitación do Concello da Coruña ao acto de entrega do premio "Alejandro Pérez Lugín", dedicado este ano á figura do que fose alcalde da Coruña, D. Manuel María Puga e Parga "Picadillo", e que foi concedido a D. Jorge Pan de mans do rexedor D. Xulio Ferreiro e a Presidenta da Asociación de Prensa, Dª Doda Vázquez.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=01341e7b440249e1a5e6e3a8d7864956.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1dacba4ecd98486a9792303ad602c643.jpg[/slide]

     

    Congreso Internacional de Dereito Comparado do Traballo

    Durante os días 24 e 25 de xaneiro e por invitación da Fundación E.U. de Relacións Laborais, o Colexio, participou no Congreso Internacional de Dereito Comparado que se organiza en colaboración co Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social e a Universidade dá Coruña, e durante o que se tratou con profundidade "A discriminación por razón de sexo en Europa e os Estados Unidos” e no que se contou con numerosos e prestixiosos relatores internacionais e coa inestimable colaboración dos estudantes da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e dos alumnos da Fundación E.U. de Relacións Laborais da Coruña, centro adscrito da Universidade da Coruña.

    A este evento que pretende facilitar a divulgación de traballos e investigacións no ámbito do dereito laboral desde unha perspectiva internacional, asistiu en representación do Colexio, a Presidenta Dª Susana Soneira Lema.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=75364da7b8d3459e9bd23b976eb013cb.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=505ea01a74304a75933f40d6e5476a3c.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].