Asamblea Xeral Ordinaria

    Categorías: Etiquetas:

    O día 29 de marzo, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria, dando cumprimento ao disposto nos artigos núm. 45 e 54 dos Estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    O acto comezou coa benvida por parte do Secretario, D. Manuel Vázquez Regueira que procede á lectura do acta da Asemblea Ordinaria celebrada o 30 de marzo de 2016 e da extraordinaria celebrada o 11 de abril, que son aprobadas por unanimidade; a continuación preséntase a Memoria Anual do ano 2016 que é comentada nalgún dos seus puntos, sendo aprobada tamén por unanimidade.

    No punto terceiro da orde do día, a Tesoureira Dª Lucía Sanjurjo López, explica a todos os asistentes o balance e as contas anuais de ingresos e gastos e presenta o orzamento para o exercicio 2017, que tamén é aprobado.

    Seguidamente, toma a palabra a Presidenta para expoñer os actos e o desenvolvemento do Colexio durante o exercicio 2016 e informar, así mesmo, das situación na que se atopan as xestións realizadas en prol de de os intereses dos colexiados.

    Finaliza o acto coa intervención dalgún dos asistentes ao acto e o agradecemento por parte da Presidenta.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=26c537ace6a04ddca5a090689bc7dc98.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=98ebc35dafac49e2882c92888d4bd77f.JPG[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].