Etiquetas:

Por orde do Presidente e en virtude do preceptuado nos artigos núm. 45 e 54 dos Estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, teño o pracer de convocar a Vde., á reunión da Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Colexio, rúa Monforte, nº 12 desta cidade, o próximo día 26 de marzo de 2026, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda, para tratar e resolver sobre o seguinte:
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, no seu caso, da acta da Xunta Xeral Ordinaria do 27 de marzo de 2025.
2. Exame e aprobación, no seu caso, da Memoria anual.
3. Exame e votación do balance e contas anuais de ingresos e gastos, e do orzamento para o exercicio 2026.
4. Exposición polo presidente da actuación e desenvolvemento do colexio durante o ano 2025, e do estado en que se achan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados.
5.- Proposicións da Xunta de Goberno á Asemblea Xeral:
- Bonificación do 100% da cota de incorporación aos Graduados Sociais que soliciten a colexiación no prazo dun ano desde a data da obtención do título.
- Bonificación do 50% en todas as cotas de incorporación.
6.- Proposicións, rogos e preguntas dos colexiados.
7.- Eleccións para a renovación parcial da Xunta de Goberno.
A Coruña, 10 de marzo de 2026.
 |
 |
|
Vº Bº O Presidente
José Lage Cerviño
|
O Secretario
Celestino Vieites Sánchez
|
Nota1: As proposicións dos colexiados axustaranse ao establecido no art.55 da Orde do 2 de abril de 2013 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. (Dog núm. 79 de 24 de abril de 2013)
Nota 2: A Memoria e as contas, así como as proposicións da Xunta de Goberno á Asemblea Xeral, estarán dispoñibles na nosa páxina web e nas oficinas do Colexio. A documentación xustificativa das contas anuais, están dispoñibles no Colexio en horario de oficina, logo de cita ca Tesoureira.