Asamblea Xeral Ordinaria 2018 e Eleccións

    Etiquetas:

    Na tarde do dia 21 de marzo, celebrouse, atendendo á convocatoria cursada para ese efecto, a Asemblea Xeral Ordinaria. A mesa estivo presidida por D. Ángel Vázquez Rodíguez, Presidente de Honra do Colexio, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta corporación, D. Manuel Vázquez Regueira, Secretario Xeral e Dª Lucía Sanjurjo López, Tesoureira.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=bc36770bdbb44a418154cea4bebe7b70.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=04cddf0267bb4e8792ee4052aace292b.JPG[/slide]

    Iníciase a reunión coa lectura e aprobación do acta da Xunta Xeral Ordinaria do 29 de marzo de 2017, continuando coa  exposicion da Memoria anual e do balance de ingresos e gastos e o orzamento para o exercicio 2018, que foron aprobados todos por unanimidade dos asistentes.

    Continúa a presidenta coa exposición da actuación e  desenvolvimiento do colexio durante o ano 2017, e do estado en que se achan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados 

    Prosegue a reunión co resto de puntos da Orde do Día, para finalizar co resultado do proceso electoral que se desenvolvo simultaneamente, e no que se elixían os candidatos para cubrir as sete prazas vacantes a exercentes libres, xa que a vacante a vogal non exercente foi elixida automaticamente ao non haber máis candidaturas. A mesa  electroral, presidida por D. José Mª Santiago García e na que actuaron de secretario D. Roberto Barros López e de vocal Dª Olga Ruiz Rodríguez, recibiu a visita de numerosos colexiados que fixeron efectivo o seu dereito ao voto..

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=95d2938cfe6745e5885f3389e176bf74.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0608e6a5597d4c1991ca48dabc58fca2.JPG[/slide]

    Unha vez finalizado o proceso electoral, resultaron elixidos os seguintes candidatos, que tomarán posesión do seu cargo na próxima reunión da Xunta de Goberno:

    Vogais  Exercentes elixidos por un período de 4 anos:

    • D. José Ramón Lage Cerviño 
    • Dª  Nuría López  Rajó 
    • D. Alejandro Pérez Otero 
    • Dª Lucía  Sanjurjo López 
    • D. Jesús Miguel Vázquez Conde 
    • D. Manuel Vázquez Regueira 

    Vogal  Exercente elixido por un período de 2 anos: 

    • D. Cándido  Sanisidro López 

    Vogal Non Exercente elixido por un período de 2 anos:

    • D. Miguel Ángel Domínguez Losada 

    Nosa felicitación aos novos membros da Xunta de Goberno nesta nova etapa.

    Así mesmo queremos mostrar o noso agradecemento a todos os candidatos que se presentaron, tanto os que foron elixidos como os que nesta edición quedáronse fóra, así como a todos os colexiados pola súa participación.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].