Asemblea Xeral Ordinaria 2016

    Categorías: Etiquetas:

    O día 30 de marzo, e atendendo á convocatoria cursada para o efecto, celebrouse, no Salón de Actos do Colexio, a Asemblea Xeral Anual.

    Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación saudou aos asistentes e deu inicio á Asemblea, cedendo a palabra ao Secretario Xeral, D. Manuel Vázquez Regueira que procedeu á lectura das actas e á presentación do borrador da memoria anual 2015, puntos que foron aprobados por unanimidade dos asistentes.

    Continuando coa Orde do Día, a Tesoureira, Dª Lucía Sanjurjo López, presenta as contas do exercicio anterior, así como o orzamento para o ano 2016 que tambien son aprobados.

    Toma de novo a palabra a Presidenta para expoñer as actuacións que esta desenvolvendo o Colexio en defensa dos intereses colexiais e expor as proposicións da Xunta de Goberno aos asistentes, que tambien son aprobadas por unanimidade, dando xa por finalizada a reunion.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].