Apertura do Ano Xudicial en Galicia 2022

    Categorías: Etiquetas:

    O día 16 de setembro de 2022 tivo lugar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, o acto oficial de apertura do Ano Xudicial en Galicia.

    O Presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz Castroverde, abriu o solemne acto dando a palabra ao Secretario de Goberno do TSXG que leu o acordo adoptado no pleno da Sala de Goberno para a celebración deste acto.

    A continuación tomou a palabra o Fiscal Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, Fernando Suances Pérez, que procedeu á lectura dalgúns datos da memoria anual da fiscalía de Galicia, a súa actividade e a evolución da criminalidade ao longo do ano.

    Así mesmo, a cita tamén contou coa presenza do Vicepresidente segundo e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso; o  Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni Albert; o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor López e a Alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey García. En representación do noso Colexio Profesional, acudiu José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente segundo.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5083c8fe960f4ecc803eb9467136b3b8.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=aef42c8e8cac4491a1192c0404223428.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fc863777ff594eaab6697d4a637a87e3.jpg[/slide]

     

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.